Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O CERMI reclama unha atención temperá universal, gratuíta e inclusiva para menores con discapacidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O CERMI reclama unha atención temperá universal, gratuíta e inclusiva para menores con discapacidade

18 Setembro, 2017

O CERMI reclama unha atención temperá universal, gratuíta e inclusiva para menores con discapacidade

Formación y empleo en síndrome de Down

O Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI) reclamou que se garanta a atención temperá á infancia con discapacidade ou en risco de adquirila, mediante un modelo universal, gratuíto e inclusivo, posto que os servizos actuais non chegan a unha parte importante dos menores que deberían recibila.

Así o puxo de relevo o CERMI Estatal no documento “Atención temperá. Polo dereito primordial da infancia á saúde e ao seu pleno desenvolvemento”, que aprobou este xoves a entidade durante a reunión do seu Comité Executivo.

O documento político apoia os seus argumentos en favor da atención temperá con diferentes estudos e informes, como o “Libro Blanco de Atención Temprana”, e en mandatos legais como os que emanan da Convención da ONU sobre os Dereitos do Neno; a Convención Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade; a Estratexia Europea 2020 sobre Discapacidade; a propia Constitución Española, e a Lei dos dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social do ano 2013.

A pesar das evidencias científicas e ás obrigacións legais, diferentes estudos, como o realizado en 2013 pola Federación Estatal de Profesionais de Atención Temperá, denunciaron a baixa cobertura destes servizos. Segundo o traballo da citada organización, a poboación atendida en España polos diversos servizos de atención temperá era de 46.309 menores (o 1,35% da poboación nesa franxa de idade).

Con todo, a poboación diana, segundo ese mesmo estudo, debería cubrir un 10,25% da infancia nesa etapa vital, polo que se estaba producindo un nivel de cobertura inferior ao 15%. Ademais, as comunidades autónomas que teñen algún tipo de regulación destes servizos contan con leis dos anos 80 ou 90.

Propostas do CERMI

Ante este escenario, o Comité Executivo da plataforma representativa da discapacidade en España reclama que a atención temperá sexa un dereito universal de toda a infancia con alteracións do desenvolvemento ou risco de padecelas independentemente do apoio requirido, no marco dun modelo avanzado de resposta que se caracterice pola calidade da atención, a adaptación dos apoios ás necesidades do neno ou nena e da súa familia, e por unha garantía pública de recursos e medios para a súa plena universalización.

Ademais, debe garantirse unha perspectiva de xénero, para atender as necesidades específicas das nenas con discapacidade, á vez que se debe traballar para que a atención chegue coa mesma intensidade ás zonas rurais.

Por todo iso, é fundamental a aprobación dunha Lei Orgánica de universalización da Atención Temperá e o Apoio ao Desenvolvemento Infantil, que sirva para deseñar protocolos de actuación, que se adecúe ás obrigacións legais tanto nacionais como internacionais e que estableza uns servizos mínimos en todo o Estado español. A xuízo do CERMI, é necesario tamén crear organismos sobre atención temperá nos que traballen conxuntamente as diferentes administracións e as organizacións do ámbito da infancia e da discapacidade.

Entre as demandas expostas está tamén a de sentar as bases dun financiamento suficiente dos servizos de atención temperá, tanto por parte das comunidades como pola administración xeral do Estado; reforzar a avaliación da atención para mellorar a calidade dos servizos; dar un papel fundamental ás familias e atender ás súas necesidades; apostar pola investigación con fórmulas como a creación da Sociedade Científica Española da Atención Temperá e o Desenvolvemento Infantil, ou a mellora constante da formación dos profesionais que traballan no campo da atención temperá.

Entradas relacionadas

Construíndo hoxe a Axenda Política da Infancia con Discapacidade ata o ano 2030
3 Maio, 2024
Habilidades de las personas con síndrome de Down
As habilidades das persoas coa síndrome de Down
6 Marzo, 2024
Actividades complementarias para personas con síndrome de Down
A lei establecerá por primeira vez o dereito e a obriga á Atención Temperá
9 Xuño, 2020
Síndrome de Down en personas adultas
Down Galicia recibe un dos premios “Cheo de vida” do Consello Regulador do Queixo Tetilla
17 Abril, 2019
Formación y empleo en síndrome de Down
Fundación Cofares colabora co proxecto de Atención Temperá de Down Galicia
7 Outubro, 2017
Intervención educativa en síndrome de Down
Solidariedade e deporte na iniciativa ‘Solidarios non stop’ de BBVA
25 Xuño, 2017
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa: Política de cookies   Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}