Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down

15 Febreiro, 2023

Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down

 

A Federación Down Galicia vén de publicar a “Guía de recursos sobre a atención sanitaria de persoas coa Síndrome de Down”, un documento co que quere orientar ás e aos profesionais sanitarios na busca de resposta ás necesidades de atención sanitaria das persoas coa síndrome de Down cara un envellecemento saudable.

A guía recompila as principais publicacións existentes sobre a saúde das persoas coa síndrome de Down dividíndoas en dúas seccións: atención integral á saúde e áreas específicas de atención.

No primeiro grupo recóllense materiais divulgativos como o “Programa Español de Saúde para persoas coa síndrome de Down” de Down España ou outros documentos sobre a atención en urxencias, os coidados de enfermería ou as recomendacións de saúde para persoas adultas coa síndrome de Down, entre outros.

Na sección máis específica atopamos información sobre atención bucodental, otorrinolaringoloxía, xinecoloxía, oftalmoloxía, saúde mental e neuroloxía, xeriatría e xerontoloxía.

Grazas a esta ferramenta, as e os traballadores sanitarios tamén poderán dispoñer dunha táboa que recolle aos principais profesionais de referencia para consultar calquera dúbida ou cuestión sobre este recurso.

A “Guía de recursos sobre a atención sanitaria de persoas coa Síndrome de Down”, que reúne a mellor, máis completa e fiable información sobre a saúde do colectivo en todas as etapas da súa vida, foi elaborada polo Grupo de Traballo en Atención Médica que coordina a Federación e no que participan profesionais do ámbito sanitario, así como profesionais das distintas entidades Down en Galicia.

Podes consultala pinchando nesta ligazón.

Entradas relacionadas

A Federación Down Galicia esixe unha rectificación do bispo emérito Juan Antonio Reig Pla por asociar discapacidade e pecado
21 Maio, 2025
Down Galicia e Política Social asinan un convenio para o mantemento da Federación e os seus programas de autonomía persoal
21 Abril, 2025
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
3 Abril, 2025
Marca o X Solidario na túa declaración da renda: non agardes a que o bo chegue, #FaiQuePase
2 Abril, 2025
Fundación Iberdrola España visita a sede de Down Galicia para coñecer máis a fondo o proxecto de Emprego con Apoio
1 Abril, 2025
Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
27 Marzo, 2025
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa: Política de cookies   Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}