Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A Deputación de Ourense colabora no proxecto Emprego Con Apoio de Down Galicia na provincia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A Deputación de Ourense colabora no proxecto Emprego Con Apoio de Down Galicia na provincia

28 Novembro, 2023

A Deputación de Ourense colabora no proxecto Emprego Con Apoio de Down Galicia na provincia

A Deputación de Ourense volve a apoiar o proxecto “Emprego Con Apoio: Talento profesional de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual da provincia de Ourense” que Down Galicia puxo en marcha nesta provincia. Mediante esta achega, que ascende a 3.624€, facilitáronse unha serie de apoios a un total de 26 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais encamiñados a conseguir a súa inclusión no mercado laboral ordinario durante o ano 2023.

Grazas a esta axuda, o proxecto desenvolveuse por toda a provincia, especialmente na capital e nas cidades e concellos máis importantes, aínda que tamén naquelas áreas xeográficas ás que pertencen os usuarios e usuarias do proxecto de emprego. Na área de influencia de Ourense, ademais da propia capital, pódense citar San Cibrao das Viñas e Barbadás.

Todas as persoas participantes neste proxecto contaron cunha oportunidade laboral, chegando o número total de contratos vixentes ata os 41 ao longo do ano 2023. Tal e como podemos observar, destaca o caso de varias persoas que asinaron máis dun contrato ó longo do ano, ben por tratarse de contratos temporais ou ben prórrogas destes na mesma empresa. Por tanto, practicamente a totalidade destas contratacións son de curta duración e a tempo parcial, o que dificulta a consecución dunha estabilidade laboral e un proxecto de vida.

Down Galicia desenvolve desde o ano 2002 o programa Emprego Con Apoio, deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais atopan á hora de intentar acceder ao mercado laboral ordinario.

Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un posto, contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que o traballador ou traballadora poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de xeito positivo e natural.

Entradas relacionadas

A Fundación Ibercaja respalda o proxecto de Emprego Con Apoio de Down Galicia
2 Xuño, 2025
Marta, membro de Down Vigo, cóntanos a súa experiencia traballando no Hotel O Pazo
24 Abril, 2025
A Fundación ONCE apoia con 7.000 euros o proxecto de inclusión laboral de Down Galicia
14 Abril, 2025
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
3 Abril, 2025
Fundación Iberdrola España visita a sede de Down Galicia para coñecer máis a fondo o proxecto de Emprego con Apoio
1 Abril, 2025
Down Ourense inaugura o seu novo local no Día Mundial da Síndrome de Down
26 Marzo, 2025
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa: Política de cookies   Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}