Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A síndrome de Down é hereditaria?

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A síndrome de Down é hereditaria?

15 Abril, 2024

A síndrome de Down é hereditaria?

 

A día de hoxe, aínda existen na poboación moitas dúbidas e preguntas ao redor da síndrome de Down. Para dar resposta a todas elas, e así evitar a aparición de mitos sobre el síndrome de Down, preparamos este post no que explicamos as causas que o orixinan e lanzamos un pouco de luz sobre unha das cuestións máis habituais: é a síndrome de Down hereditaria?

Síndrome de Down: causa xenética

Antes de aclarar se a síndrome de Down é hereditaria ou non, é importante que queden claros algúns conceptos relacionados coa xenética. Desta forma, resultará moito máis sinxelo chegar a comprender a resposta.

O material xenético dun ser humano, tamén coñecido como ADN, está composto por 23 pares de cromosomas. Sen embargo, as células sexuais soamente teñen unha copia de cada cromosoma. É dicir, os óvulos e os espermatozoides soamente teñen 23 cromosomas. Da unión de ambos xurde un novo organismo cos 23 pares de cromosomas necesarios, 23 do óvulo e outros 23 do espermatozoide. Esta primeira célula, ou cigoto, irá dividíndose pouco a pouco para dar lugar ao feto. Durante esta división tamén se dividen os 46 cromosomas ata que cada célula teña os seus 23 pares de cromosomas.

Con todo, hai casos nos que, durante o proceso de concepción, o óvulo ou o espermatozoide aporta 24 cromosomas e non 23. É, por exemplo, o que ocorre coa síndrome de Down. Esta alteración no número de cromosomas ten lugar cando hai unha presencia extra do cromosoma 21, de aí que tamén se coñeza como trisomía 21.

 

Causas xenéticas da síndrome de Down: factores de risco

É certo que aínda non se sabe a causa exacta que produce a alteración de cromosomas que desencadea a aparición da síndrome de Down, pero si existen algúns factores que parece que aumentan as probabilidades de que un fillo ou filla naza coa alteración xenética. Estes son:

Idade avanzada da nai

As mulleres nacen con todos os seus óvulos nos ovarios, a diferencia dos homes que van producindo regularmente os seus espermatozoides. Por iso, a medida que unha muller envellece, os seus óvulos tamén o fan con ela. Canto máis envellecen os óvulos, maiores son as probabilidades de ter un fillo ou filla coa síndrome de Down. De forma xeral, establécese como punto de corte os 35 anos. A partir desa idade, o risco é maior.

Que un dos proxenitores sexa portador de translocación xenética pola síndrome de Down

Esta translocación pode ser transmitida tanto por homes como por mulleres.

Ter outro fillo ou filla coa síndrome de Down

As parellas que xa tivesen un fillo ou filla coa síndrome de Down teñen máis probabilidades de volver a ter outro coa mesma alteración. Está demostrado que o risco increméntase nun 1% antes dos 35 anos. Se a nai xa superou esta idade, estanse sumando dous riscos e, polo tanto, as posibilidades duplícanse.

 

Entón, é hereditaria a síndrome de Down?

A resposta a se a síndrome de Down se herda é que non en gran parte dos casos. O habitual é que se produza de forma fortuíta e casual. Sen embargo, existe unha porcentaxe moi pequeno, en torno ao 1%, no que si hai unha herdanza dos pais. Estamos falando dos casos de translocación, nos que os proxenitores non teñen a síndrome pero un deles, máis frecuentemente a nai, transmíteo á súa descendencia.

Os casos de translocación, nos que a síndrome de Down é hereditario, danse en aproximadamente un 3,5% das persoas diagnosticadas. En lugar de ter unha trisomía simple teñen 2 cromosomas do par 21 e un terceiro cromosoma 21 que está unido a outro dun par distinto ao 21 que, polo xeral, soe ser o 14.

 

Como se produce a translocación?

Un de los proxenitores posúe, en lugar da habitual parella de cromosomas 21, un cromosoma 21 normal e outro que está unido a un terceiro cromosoma, como o 14. Neste caso, o proxenitor ten un cromosoma 21, un 14 e outro cromosoma 14-21. En lugar de ter os 46 cromosomas que compoñen o material xenético dunha persoa, ten 45. Con todo, non lle falta material xenético.

Ao formarse os óvulos ou espermatozoides, algunhas células sexuais orixinaranse de forma correcta cos seus correspondentes 23 cromosomas; outras terán só 22 cromosomas, sendo un deles o resultado da unión 14-21; ou, por último, presentarán un cromosoma 21 máis un cromosoma 14-21. Se a célula fecundada é a que ten 2 cromosomas 21,  o resultado será un cigoto con 3 copias do cromosoma 21, unha delas en translocación, unida ao cromosoma 14.

En resumo, cando se herdan translocacións, o pai ou a nai teñen parte do material xenético do cromosoma 21 reordenado en outro cromosoma, pero non material adicional. Isto implica que non presentan ningún signo de síndrome de Down, pero si poden transmitilo aos seus fillos ou fillas e facer que a síndrome de Down sexa hereditario.

Entradas relacionadas

A Federación Down Galicia esixe unha rectificación do bispo emérito Juan Antonio Reig Pla por asociar discapacidade e pecado
21 Maio, 2025
Down Galicia e Política Social asinan un convenio para o mantemento da Federación e os seus programas de autonomía persoal
21 Abril, 2025
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
3 Abril, 2025
Marca o X Solidario na túa declaración da renda: non agardes a que o bo chegue, #FaiQuePase
2 Abril, 2025
Fundación Iberdrola España visita a sede de Down Galicia para coñecer máis a fondo o proxecto de Emprego con Apoio
1 Abril, 2025
Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
27 Marzo, 2025
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa: Política de cookies   Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}