Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Os Protocolos ASE de Down Galicia álzanse cun dos Premios #RIES24 outorgados polo Clúster Saúde Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Os Protocolos ASE de Down Galicia álzanse cun dos Premios #RIES24 outorgados polo Clúster Saúde Galicia

18 Novembro, 2024

Os Protocolos ASE de Down Galicia álzanse cun dos Premios #RIES24 outorgados polo Clúster Saúde Galicia

 

O IX Fórum RIES 2024, celebrado a pasada semana no Balneario de Guitiriz, foi o escenario escollido polo Clúster Saúde Galicia (CSG) para entregar os Premios #RIES24, nos que o proxecto “Protocolos de avaliación e seguimento do envellecemento das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual” da Federación Down Galicia conseguiu alzarse co galardón na categoría “Revelación”, que premia a aquelas empresas ou entidades que destacaron recentemente por lograr un impacto significativo no ecosistema da saúde en Galicia.

Down Galicia decidiu presentar este proxecto aos Premios #RIES24 polo seu enfoque innovador, xa que actualmente non existe no sistema sanitario galego ningún procedemento que teña en conta o envellecemento prematuro e acelerado do colectivo de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual e que favoreza unha diagnose precoz e diferencial e unha boa atención.

É de vital importancia levar a cabo un exhaustivo control médico que teña en conta os problemas clínicos desde que son persoas adultas ata que envellecen, xa que, por unha banda, será necesario adiantar a idade de aplicación de certos protocolos para probas diagnósticas e, por outro, será de especial relevancia o coidado da saúde e a prevención da dependencia e a saúde mental.

O descoñecemento da realidade das persoas coa síndrome de Down nesta etapa vital xera moitas dificultades para a realización de diagnósticos que diferencien adecuadamente entre comportamentos ou condutas propias da persoa con discapacidade intelectual, doutros que poidan indicar a presenza dalgunha enfermidade mental ou deterioro cognitivo ou, incluso, de outras patoloxías como celiaquía, xordeira, problemas de tiroides, etc.

Este galardón é o segundo que acada este proxecto neste 2024 tras ser distinguido como finalista nos Premios Innovación en Saúde do Sergas. Estes recoñecementos dan validez ao traballo levado a cabo polas entidades de Down Galicia nos últimos 10 anos e avalan os informes elaborados por estas, que recollen información de xeito sistematizado, obxectivo e periódico que contribúe á elaboración dun perfil de funcionamento que axuda a detectar cambios significativos que poidan ser indicadores da presenza dunha enfermidade ou trastorno.

 

Premiados #RIES24

Os Premios RIES recoñecen aos socios do Clúster Saúde Galicia os seus proxectos innovadores e o seu impacto no ámbito da saúde.

Ademais da Federación Down Galicia, tamén foron recoñecidos nesta xornada os proxectos das seguintes empresas e entidades:

  • Categoría Innovación: “Téxtiles cirúrxicos reutilizables” de Revolution-Zero
  • Categoría Coñecemento: “GCR Móvil” de DomusVi
  • Categoría Impacto nas Persoas: “Observatorio de Saúde Pública de Galicia” da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS)
  • Categoría Comunidade: Estudio “A experiencia de compra das persoas maiores en Galicia” da Cátedra Cruz Roja-USC

O evento tamén brindou un merecido recoñecemento á traxectoria profesional de José Luis Castro Romero, Conselleiro Delegado de Servizo Móbil, pola súa destacada contribución ao sector.

 

IX Fórum RIES 2024

Organizado polo Clúster Saúde de Galicia, #RIES24 ofreceu un programa de alto nivel con relatorios maxistrais, mesas redondas e ágoras interactivas, ademais de premiar aos actores máis destacados do ecosistema da saúde. Este evento, clave na axenda da innovación en saúde, marcou un novo fito na colaboración para afrontar os retos do futuro do sector.

O Forum RIES ’24, que reuniu a máis de 250 profesionais dos sectores sanitario, tecnolóxico e empresarial, contou tamén coa participación de destacadas figuras do eido público, como a Conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García Martínez; o Conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño; o xerente do Sergas, José Ramón Parada; a Directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo; o xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, Antonio Fernández-Campa; a alcaldesa de Guitiriz e deputada na Deputación de Lugo, Marisol Morandeira; o Director Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo; o director da área de internacionalización do IGAPE, Augusto Álvarez-Borrás; e o Subdirector Xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Consellería de Sanidade, Beni Rosón.

Entradas relacionadas

A Federación Down Galicia esixe unha rectificación do bispo emérito Juan Antonio Reig Pla por asociar discapacidade e pecado
21 Maio, 2025
Down Galicia e Política Social asinan un convenio para o mantemento da Federación e os seus programas de autonomía persoal
21 Abril, 2025
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
3 Abril, 2025
Marca o X Solidario na túa declaración da renda: non agardes a que o bo chegue, #FaiQuePase
2 Abril, 2025
Fundación Iberdrola España visita a sede de Down Galicia para coñecer máis a fondo o proxecto de Emprego con Apoio
1 Abril, 2025
Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
27 Marzo, 2025
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa: Política de cookies   Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}