Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O CERMI reivindica a necesidade dunha vivenda digna e adecuada para as persoas con discapacidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O CERMI reivindica a necesidade dunha vivenda digna e adecuada para as persoas con discapacidade

3 Decembro, 2024

O CERMI reivindica a necesidade dunha vivenda digna e adecuada para as persoas con discapacidade

 

O Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI) reclamou unha “vivenda digna e adecuada como dereito fundamental para a vida independente das persoas con discapacidade”.

É a principal reivindicación que a plataforma da discapacidade resalta nun manifesto publicado con motivo da celebración do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, que se conmemora cada 3 de decembro. Para o CERMI a vivenda é un ben social básico, é o “soporte vital da autonomía e a independencia das persoas con discapacidade”.

Desde o CERMI destacan que non se trata dun asunto máis para as persoas con discapacidade, é “o gran asunto, e o será máis nun futuro inmediato”, xa que teñen dereito a “vivir nun domicilio libremente elixido cos apoios que precise e pertencendo e participando de comunidade”. Para o Comité, é necesario que a vivenda cumpra con tres elementos, que sexa accesible, alcanzable e inclusiva.

En España, case o 70% das vivendas non cumpren as condicións de accesibilidade necesarias para persoas con discapacidade e persoas maiores, como a realización das adecuacións e axustes razoables para que as contornas sexan accesibles, por exemplo. Aínda que a Constitución Española recoñece no seu artigo 47 o dereito a unha vivenda digna e adecuada, o que “comprende a accesibilidade universal”, e é o 49 o que reforza esa obrigación ao declarar o dereito das persoas con discapacidade a contornas universalmente accesibles.

Para solucionar o elemento da accesibilidade, o CERMI expón un programa de acción, con medidas como unha reforma da Lei de Propiedade Horizontal para que as comunidades de propietarios realicen obrigatoriamente obras e actuacións de accesibilidade; ou a creación por Lei dun Fondo Estatal de Promoción da Accesibilidade Universal, dotado co 1,5% dos orzamentos dos ministerios investidores, que destine os seus fondos a actuacións de accesibilidade do parque de vivendas, entre outras.

Outro dos elementos necesarios para que o dereito á vivenda digna e adecuada resulte efectivo é que sexa alcanzable. Xeralmente, as persoas con discapacidade e as súas familias son máis pobres e sofren unha maior exclusión social, por iso é necesario eliminar a “pobreza habitacional deste colectivo”. Para combater este problema o CERMI propón, por exemplo, a creación de “novas prestacións públicas” en materia de vivenda para persoas con discapacidade; ou a regulación dunha fiscalidade proactiva para este grupo de persoas e a súa contorna familiar, que teña como obxectivo minimizar o seu “esforzo económico na adquisición, rehabilitación ou transmisión da vivenda”.

A inclusividad é o terceiro elemento necesario, xa que o colectivo da discapacidade necesita “novas formas de habilidade ou convivencia, con enfoque inclusivo e innovador”, para ter unha vida independente na súa comunidade e poder participar socialmente nela. Segundo o CERMI, “unha vivenda inclusiva é a base para unha vida independente nunha contorna comunitaria”.

Para conseguir que unha vivenda sexa inclusiva o Comité suxire accións como “deseñar políticas públicas de vivenda con enfoque de xénero e dereitos da muller, que favorezan o acceso e goce das mulleres con discapacidade”; o impulso de políticas públicas que teñan en conta “as necesidades da mocidade con discapacidade”; ou desenvolver normativamente novas “fórmulas habitacionales”.

Para o CERMI a vivenda e, por tanto, un hábitat inclusivo, é un “tema de capital importancia na axenda pública” do movemento da discapacidade. O manifesto finaliza reivindicando que “o noso lugar no mundo, como persoas con discapacidade, se debate na posibilidade de dispoñer e gobernar un espazo propio, ao que podamos considerar fogar, poroso e intercomunicado, desde o que sexa posible abrirnos a unha vida en comunidade satisfactoria. O noso campamento base para conquistar o cume, a inclusión”.

Consulta o manifesto en castelán en PDF, en Lectura Fácil e en LSE.

 

Campaña do CERMI Galicia

Pola súa banda, o CERMI Galicia presentou onte a peza audiovisual elaborada con motivo desta efeméride. O fío condutor deste vídeo, que leva por título “No somos invisibles”, é a dobre discriminación sufrida polas mulleres con discapacidade.

 

Entradas relacionadas

A Federación Down Galicia esixe unha rectificación do bispo emérito Juan Antonio Reig Pla por asociar discapacidade e pecado
21 Maio, 2025
Dispoñible a ‘Guía de axudas sociais e servizos para as familias 2024’
20 Maio, 2024
Estatísticas sobre a síndrome de Down en España e no mundo
24 Abril, 2024
As entidades sociais galegas animan á cidadanía a marcar o X Solidario na súa declaración da renda
3 Abril, 2024
Colaborar con Down Galicia ten máis vantaxes a partir deste 2024
17 Xaneiro, 2024
CERMI Galicia esixe garantir a efectividade da participación política das persoas con discapacidade
3 Maio, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa: Política de cookies   Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}