Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Compostela entrega os seus duodécimos premios nunha gala chea de emoción

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Compostela entrega os seus duodécimos premios nunha gala chea de emoción

26 Marzo, 2025

Down Compostela entrega os seus duodécimos premios nunha gala chea de emoción

 

“Somos persoas activas, con metas, aspiracións e opinións. Hoxe é o día para facer oír a nosa voz e para reclamar unha sociedade máis inclusiva”, asegurou o pasado venres Irene Rodríguez-Toubes, a moza con síndrome de Down que co-presentou a gala de entrega dos Premios Down Compostela, cos que a Fundación recoñece o traballo de Marta Rodríguez Lorenzo, Antonio Rodríguez Núñez e de Seur.

O acto celebrouse na sala Mozart do auditorio de Galicia, presidida pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; pola conselleira de Política Social, Fabiola García, e polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. Ao acto asistiron máis de 250 persoas, entre as que se atopaban alcaldes de concelleiros de varios municipios nos que ten presenza Down Compostela.

Na lectura do manifesto institucional polo Día Mundial da Síndrome de Down, ademais de reivindicar unha sociedade máis inclusiva, Irene Rodríguez-Toubes, reclamou os dereitos das persoas con trisomía 21 e lembrou que “é moito máis o que nos une que o que nos diferenza. As persoas coa síndrome de Down sentimos, pensamos, queremos, crecemos e ilusionámonos coma calquera”, afirmou a moza, que copresentou a gala co xornalista da TVG Diego Viaño.

Irene deu paso ao videoclip Inclusión en Compostela, unha canción feita con intelixencia artificial na que os seus compañeiros e compañeiras do programa de inclusión social alzan a súa voz para asegurar “queremos inclusión e loitaremos por ela”. “Non somos invisibles, podemos cambiar o destino”, asegura a letra creada polas propias persoas con discapacidade que hoxe quixeron facer resoar a súa voz.

O presidente da Fundación, Juan Martínez agradeceu o traballo das persoas galardoadas por axudar “a que se escoite a voz das persoas con discapacidade, por axudarlles a tomar as súas propias decisións, a cambiar o seu destino e para que se lles recoñeza o seu esforzo”, como fixeron Seur Geopost ou Antonio Rodríguez Núñez nos últimos anos. O presidente tivo un recoñecemento especial para Marta Rodríguez Lorenzo, que foi directora de Down Compostela durante máis de vinte anos. “Marta foi e é un piar fundamental en Down Compostela. Foi o cemento que soubo xuntar ás familias, consolidar un excelente equipo de profesionais e un apoio fundamental para o equipo directivo. E, sobre todo, destacou por crer nas persoas coa síndrome de Down e discapacidade, poñendo sempre o foco nas súas capacidades e en todo o que poden facer”, afirmou Martínez.

Durante a gala actuou o artista compostelán Fran Allo.

 

Os premiados

Antía Losada e Pablo Balado entregáronlle o galardón a Antonio Rodríguez Núñez, do que resaltaron a súa visión para contar coas persoas con trisomía 21 e ter en conta as súas aportacións nalgunhas das investigacións que dirixe dende IDIS, e tamén por facilitar a sensibilización do alumnado de Enfermería da USC.

“Grazas, Antonio por tratarnos como  iguais, por acercarnos un pouco máis a saúde a través das novas tecnoloxías,  a ser conscientes do importante que é coidarse,  mellorar e avanzar. Este premio é para ti, para que sigas tendo ti e o teu equipo ganas e forza para seguir investigando e contribuíndo a mellorar a nosa calidade de vida”, asegurou Antía antes de que Pablo lle entregara a man que simboliza o Premio Down Compostela.

Manuel Otero contou durante a gala a súa experiencia como traballador en Seur Santiago dende hai tres anos, antes de entregarlle o galardón á responsable de recursos humanos da zona noroeste da firma, Carla Salgado Fernández. Con este galardón, a fundación quere recoñecer a aposta que fixo a empresa en Santiago por incorporar ao mercado laboral a persoas con discapacidade intelectual.

Daniel López e Daniel Martínez foron os encargados de darlle o premio a Marta Rodríguez Lorenzo, quen durante os case 25 anos que traballou como directora da entidade converteuse nun referente para as familias e puxo en marcha moitos dos programas que contribuíron a mellorar a calidade de vida das persoas con síndrome de Down.

“Marta, este premio Down Compostela é para ti porque nos acompañaches nos momentos máis importantes das nosas vidas, cando aprendemos a comer, a falar, a andar, a ir á escola, a vida de adulto. Porque sempre nos apoiaches e confiaches nas nosas capacidades. Porque o mereces. Só podemos darche as grazas e dicirche que te queremos”, asegurou Daniel López, antes de que o seu compañeiro, Daniel Martínez, lle entregase o galardón a Marta Rodríguez, que recibiu unha grande ovación.

 

Entradas relacionadas

Down Compostela explora a creatividade e a participación activa compoñendo unha canción a través de intelixencia artificial
12 Xuño, 2025
Mozos e mozas das entidades Down de Galicia organizan escapadas para desconectar do día a día
28 Maio, 2025
Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
27 Marzo, 2025
Down Lugo inaugura unha mostra fotográfica polo Día Mundial da Síndrome de Down
26 Marzo, 2025
Down Ourense inaugura o seu novo local no Día Mundial da Síndrome de Down
26 Marzo, 2025
Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down co III Desfile Inclusivo
26 Marzo, 2025
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa: Política de cookies   Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}