Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade

19 Outubro, 2022

Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade

 

Este martes quedou aprobado polo Consello de Ministros o novo procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, que substitúe ao que estaba en vigor desde 1999. Este Real Decreto adáptase ao modelo social da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade de Nacións Unidas cun enfoque de dereitos humanos.

O novo texto establece uns criterios obxectivos para a valoración e cualificación do grao de discapacidade en todo o territorio do Estado, garantindo con iso o acceso en igualdade de condicións para toda a cidadanía. Ademais, proporciona unha base científica para a comprensión e o estudo da saúde e dos compoñentes sociais e económicos que impactan na persoa, garantindo unha descrición máis precisa e completa do grao de discapacidade que redunda nunha maior eficiencia e transparencia.

A aprobación deste novo baremo dá resposta a unha demanda das persoas con discapacidade que levaba bloqueada 10 anos e inicia un longo proceso no que os equipos profesionais de valoradores deberán adquirir formación para aplicar de maneira práctica o novo Real Decreto. No devandito proceso, participarán ademais en primeira persoa representantes da sociedade civil da discapacidade como integrantes da Comisión de Valoración da Discapacidade.

En novo Real Decreto establece tamén que os e as menores con discapacidade exercerán os seus dereitos en igualdade de condicións, sen discriminación por motivos de idade ou discapacidade, recibirán asistencia e apoios adaptados ás súas circunstancias e terán o mesmo dereito que as persoas adultas a ser informados e escoitados.

Ademais, como novidade, a súa tramitación pon no centro á persoa, flexibilizando o proceso a través de medios telemáticos e asegurando en todo momento a accesibilidade universal. Así mesmo, permite que a persoa con discapacidade poida ir acompañada dunha persoa de confianza, o que redundará favorablemente na autonomía e seguridade das persoas con discapacidades severas ou grandes necesidades de apoio.

A partir de agora, este novo baremo permitirá realizar unha valoración e cualificación máis certeira de realidades que causan discapacidade como as discapacidades psicosociais, o autismo ou as enfermidades raras. Tamén dispón dunha valiosa fonte de información para o estudo e observación das realidades derivadas da discapacidade, situación real e evolución, permitindo a comparación entre países, disciplinas e servizos en diferentes momentos ao longo do tempo, e facilitando a explotación de información noutros campos da saúde.

A ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Ione Belarra, destacou que o novo baremo é «unha demanda histórica». «Por fin terminamos con esa situación aprobando un novo baremo con criterios máis obxectivos, máis precisos e máis humanos, os trámites van ser máis áxiles e flexibles», sinalou.

 

Entradas relacionadas

A Federación Down Galicia esixe unha rectificación do bispo emérito Juan Antonio Reig Pla por asociar discapacidade e pecado
21 Maio, 2025
O CERMI reivindica a necesidade dunha vivenda digna e adecuada para as persoas con discapacidade
3 Decembro, 2024
Dispoñible a ‘Guía de axudas sociais e servizos para as familias 2024’
20 Maio, 2024
Estatísticas sobre a síndrome de Down en España e no mundo
24 Abril, 2024
As entidades sociais galegas animan á cidadanía a marcar o X Solidario na súa declaración da renda
3 Abril, 2024
Colaborar con Down Galicia ten máis vantaxes a partir deste 2024
17 Xaneiro, 2024
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa: Política de cookies   Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}