A Xunta subvencionou a contratación de nove persoas para postos técnicos durante o último ano en Down Galicia

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade financiou a contratación de nove persoas desempregadas durante o pasado exercicio 2022-2023 para cubrir distintos postos de carácter técnico en varios dos centros de traballo da Federación Down Galicia baixo o proxecto “Servizo de Promoción da Autonomía Persoal: Proxectos reforzo 2022-2023”. Mediante estas contratacións, dúas de xornada…