Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Ourense conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down cunha xornada de sensibilización no Colexio Maristas

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Ourense conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down cunha xornada de sensibilización no Colexio Maristas

22 Marzo, 2024

Down Ourense conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down cunha xornada de sensibilización no Colexio Maristas

 

Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, dúas mozas usuarias da asociación Down Ourense, en representación dos demais membros da entidade, reivindicaron na mañá do día de mañá os dereitos do colectivo cunha xornada de sensibilización no colexio Maristas da cidade.

Noventa alumnos e alumnas de 1º da ESO puideron escoitar as historias de vida de Eva Fraga e Corina Álvarez, quen conseguiron que as persoas alí presentes se cuestionasen o que pensaban inicialmente sobre a síndrome de Down.

Por un lado, Eva contou a súa ampla experiencia laboral e o seu paso por diferentes postos de traballo ata que conseguiu un contrato indefinido.

Corina, pola súa banda, rompeu moldes compartindo o seu estilo de vida, centrado na parte creativa e artística, sendo o teatro, a pintura e o baile o seu día a día.

Aportando información sobre esta alteración cromosómica, traballando os mitos e as realidades existentes e a través da dinámica do “Quen é quen?”, as dúas mozas trataron de romper estereotipos e prexuízos sobre o que poden e non poden facer as persoas coa síndrome de Down. Porque o verdadeiro límite está na falta de oportunidades.

Ao rematar a dinámica, realizaron un pequeno mural cos mitos e realidades tradicionalmente relacionadas a esta anomalía cromosómica e resolveron as dúbidas que xurdiron ao respecto.

 

A importancia da sensibilización en etapas temperás

As entidades Down de Galicia consideran fundamental que a sensibilización sobre a realidade da síndrome de Down comece en idades temperás, xa que os nenos e nenas de hoxe serán as persoas adultas de mañá e delas dependerá, en gran parte, que a inclusión social sexa unha realidade.

Nunha etapa vital como a adolescencia, onde as experiencias vitais propias e as da contorna constrúen identidade, é importante facerlle chegar á mocidade a mensaxe da falta de oportunidades coa que se atopan as persoas coa síndrome de Down pola cantidade de prexuízos que se ten en relación ás súas capacidades.

 

Estas accións están incluídas dentro dos actos que a asociación Down Ourense e o movemento Down Galicia levaron a cabo para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
27 Marzo, 2025
Down Lugo inaugura unha mostra fotográfica polo Día Mundial da Síndrome de Down
26 Marzo, 2025
Down Ourense inaugura o seu novo local no Día Mundial da Síndrome de Down
26 Marzo, 2025
Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down co III Desfile Inclusivo
26 Marzo, 2025
Down Compostela entrega os seus duodécimos premios nunha gala chea de emoción
26 Marzo, 2025
Xuntos e a corporación municipal dan visibilidade á inclusión con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
26 Marzo, 2025
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa: Política de cookies   Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}