Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down España reúne en Badaxoz a máis de 620 persoas no Encontro Nacional de Familias de Persoas coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down España reúne en Badaxoz a máis de 620 persoas no Encontro Nacional de Familias de Persoas coa síndrome de Down

2 Decembro, 2024

Down España reúne en Badaxoz a máis de 620 persoas no Encontro Nacional de Familias de Persoas coa síndrome de Down

 

Down España organiza xunto a Down Badajoz a cita anual máis importante para as persoas coa síndrome de Down e as súas familias, que terá lugar do 5 ao 8 de decembro na cidade estremeña.

O Encontro Nacional de Familias de Persoas coa Síndrome de Down de Down España acollerá a máis de 620 persoas de todo o país na súa XXIV edición. Será un evento único no que as persoas asistentes terán a oportunidade de participar en conferencias sobre asuntos moi relevantes para o colectivo e de compartir experiencias, coñecer a familias doutros puntos de España e reencontrarse con amizades.

En palabras de Agustín Matía, director xerente de Down España, “trátase dun Encontro para toda a familia con momentos diferenciados para cada membro. Unha oportunidade para reforzar os valores de optimismo, esforzo fronte ás adversidades e confianza en que a vida se constrúe día a día”.

A inauguración do Encontro terá lugar o 5 de decembro no Palacio de Congresos Manuel Rojas da cidade estremeña e contará coa presenza da presidenta da Junta de Estremadura, María Guardiola, do alcalde de Badaxoz, Ignacio Gragera, e doutras autoridades autonómicas e locais. Ademais, incluirá a actuación da xenuína charanga ‘A Contragolpe’.

Durante o acto, conducido por unha presentadora de Canal Extremadura e Victoria Mena, unha moza coa síndrome de Down, entregaranse os Premios Trébol á solidariedade de Down España.

Os galardoados deste ano son o doutor Enrique Galán, polo seu labor para mellorar a calidade de vida das persoas coa síndrome de Down, e a firma de moda Kiabi, polo seu compromiso coa infancia das persoas con esta alteración cromosómica.

 

Un programa para gozar e aprender en familia

Durante os días 6 e 7 de decembro, as persoas asistentes ao Encontro acudirán, xunto aos mellores expertos e expertas, a sesións formativas sobre a participación das familias, a saúde das persoas coa síndrome de Down, a atención temperá, a proposta EMPREGO 25 sobre inclusión laboral e mesmo asuntos tan actuais como a intelixencia artificial. Ademais, os irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down e as propias persoas coa síndrome de Down teñen reservadas unha serie de actividades deseñadas especialmente para elas.

Doutra banda, as familias terán a oportunidade de coñecer a cultura e gastronomía da cidade anfitrioa, así como o impresionante patrimonio de Mérida ou o parque de lecer Lusiberia.

Para clausurar este gran Encontro, que conta coa colaboración de Fundación ONCE, Fundación Sanitas e Ineco, celebrarase unha cea de gala no Hotel Río de Badaxoz, no que a Federación se despedirá das familias ata o ano que vén.

Entradas relacionadas

Down España lanza unha campaña pola defensa da inclusión das persoas coa síndrome de Down
28 Abril, 2025
Down España e as súas entidades lanzan a campaña #TanComoTú con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
10 Marzo, 2025
‘Bienestar mental en los adultos con síndrome de Down’: unha guía esencial e actualizada sobre saúde emocional
10 Febreiro, 2025
Familias de entidades Down de toda España reafirman o seu compromiso coa inclusión das persoas coa síndrome de Down
19 Decembro, 2024
O Encontro autonómico de familias e profesionais do Movemento Down en Galicia reúne a máis de 250 persoas na cidade de Vigo
12 Novembro, 2024
Down España lanza ‘Soy más’ para coñecer mellor a realidade das persoas coa síndrome de Down e responder ás súas necesidades
4 Novembro, 2024
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa: Política de cookies   Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}