Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Familias de entidades Down de toda España reafirman o seu compromiso coa inclusión das persoas coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Familias de entidades Down de toda España reafirman o seu compromiso coa inclusión das persoas coa síndrome de Down

19 Decembro, 2024

Familias de entidades Down de toda España reafirman o seu compromiso coa inclusión das persoas coa síndrome de Down

 

A inicios de decembro, celebrouse en Badaxoz o XXIV Encontro Nacional de Familias de Persoas con síndrome de Down. A esta cita, organizada por Down España e Down Badaxoz, asistiron máis de 620 persoas chegadas desde distintos puntos de España. Trátase do evento anual máis esperado polas familias das persoas do colectivo, pois ofrece a oportunidade de compartir experiencias, participar en conferencias cos mellores expertos e expertas e gozar de actividades culturais e de lecer en familia.

A inauguración do Encontro, celebrada no Palacio de Congresos Manuel Rojas de Badaxoz, contou coa presenza do alcalde da cidade, Ignacio Gragera, e do presidente da deputación de Badaxoz, Miguel Ángel Gallardo, entre outras autoridades. Durante o acto, a charanga ‘A contragolpe’ realizou unha actuación que emocionou ao público. Ademais, entregáronse os Premios Trébol á Solidariedade de Down España, que, este ano, recoñeceron ao doutor Enrique Galán polo seu labor para mellorar a calidade de vida das persoas coa síndrome de Down e á firma de moda Kiabi polo seu compromiso coa infancia con esta alteración cromosómica.

 

Ciclo de conferencias e talleres

Ao longo de 3 días, as familias participaron activamente en numerosas sesións formativas sobre temas relevantes como a saúde das persoas coa síndrome de Down, a atención temperá, a primeira infancia, a vida adulta, a inclusión laboral ou a intelixencia artificial e as súas utilidades para fomentar a inclusión.

As persoas asistentes puideron tamén participar en distintas sesións de debate nas que trasladaron aos e as profesionais as súas dúbidas acerca das súas principais preocupacións en relación á vida dos seus fillos, fillas e/ou irmáns coa síndrome de Down.

Outro dos asuntos con maior protagonismo foi a participación das familias nas asociacións e a importancia do seu papel como motor do cambio. En palabras do sociólogo Gonzalo Berzosa, “a familia é unha figura clave no benestar persoal e na inclusión social dos seus fillos e fillas e pode ser a gran aliada do cambio para as persoas coa síndrome de Down ou un dos seus maiores freos”.

Ademais das sesións formativas, tanto os irmáns e irmás das persoas con síndrome de Down como as propias persoas do colectivo tiveron a oportunidade de asistir a interesantes talleres nos que compartiron experiencias, reflexións e inquietudes.

 

Lecer para toda a familia

Durante o Encontro, as familias tamén puideron gozar de actividades culturais e de lecer, como visitas ao patrimonio de Mérida e ao parque de lecer Lusiberia. Ademais, puideron coñecer mellor Badaxoz e a súa gastronomía.

O encontro concluíu cunha marabillosa cea de gala no Hotel Río de Badajoz, onde as persoas asistentes despedíronse con ilusión ata a próxima edición do Encontro de Familias de Down España, que terá lugar o próximo ano en Zaragoza.

En palabras do director xerente de Down España, Agustín Matía, “este foi un gran Encontro cun excelente ambiente de convivencia e intercambio. Ademais, contou con conferencias de gran nivel e con interesantes reflexións sobre como debe ser a participación das familias nas asociacións. Deben ser as familias as que marquen o rumbo das organizacións para que estas non sexan simplemente entidades de servizos de apoio á discapacidade”.

Para Israel Melado, presidente de Down Badajoz, “neste Encontro púidose comprobar que seguimos sendo un colectivo forte, comprometido e con ganas de loitar polos dereitos das persoas coa síndrome de Down”.

En definitiva, este evento, celebrado grazas á colaboración de Fundación Once, Fundación Sanitas e Ineco, reafirmou o compromiso das familias e profesionais da Federación coa defensa dos dereitos das persoas coa síndrome de Down e coa loita por unha inclusión real en todos os ámbitos: educativo, laboral, sanitario etc.

Entradas relacionadas

Down España lanza unha campaña pola defensa da inclusión das persoas coa síndrome de Down
28 Abril, 2025
Down España e as súas entidades lanzan a campaña #TanComoTú con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
10 Marzo, 2025
‘Bienestar mental en los adultos con síndrome de Down’: unha guía esencial e actualizada sobre saúde emocional
10 Febreiro, 2025
Down España reúne en Badaxoz a máis de 620 persoas no Encontro Nacional de Familias de Persoas coa síndrome de Down
2 Decembro, 2024
Down España lanza ‘Soy más’ para coñecer mellor a realidade das persoas coa síndrome de Down e responder ás súas necesidades
4 Novembro, 2024
Down España pide que o curso 2024-2025 sexa o último no que se poida excluír ao alumnado coa síndrome de Down do sistema educativo ordinario
9 Setembro, 2024
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa: Política de cookies   Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}