Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O Movemento Down de Galicia demanda a cooperación do tecido empresarial galego no Día Internacional das Persoas Traballadoras

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O Movemento Down de Galicia demanda a cooperación do tecido empresarial galego no Día Internacional das Persoas Traballadoras

30 Abril, 2025

O Movemento Down de Galicia demanda a cooperación do tecido empresarial galego no Día Internacional das Persoas Traballadoras

 

Un total de 216 persoas participantes no programa de Emprego con Apoio da Federación Down Galicia estiveron contratadas en empresas ordinarias ou administracións públicas da súa contorna durante o ano 2024. Este é o mellor dato no relativo a oportunidades laborais a persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais desde que a entidade implantou o programa de Emprego con Apoio no ano 2002.

Por outra banda, a porcentaxe de persoas usuarias da bolsa de emprego de Down Galicia que tiveron acceso a un posto de traballo neste período aumentou en relación ao ano anterior, alcanzando o 80,6%. Esta alta porcentaxe ten aínda máis mérito se temos en conta o elevado número de participantes no programa, que nesta ocasión ascendeu ata as 268 persoas usuarias, chegando así ao máximo histórico, e deixando constancia da importancia que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais lle outorgan a ter un emprego.

En canto á distribución por localidades, obsérvase que foron 76 persoas as que traballaron en 2024 na zona de Vigo, 39 na Coruña, 25 en Ourense, 23 en Pontevedra, 22 na área de Compostela, 18 en Lugo e 13 na zona de Ferrolterra.

Estas 216 persoas contaron cun total de 254 contratos de traballo, mediante os que os traballadores e traballadoras puideron adquirir experiencia en postos tan variados como auxiliar de biblioteca, preparación de pedidos online, atención ao cliente, vendedor deportivo, operador de loxística, celador, peón electricista, azafatos de eventos, expendedor de fuel, axudante de recepción, masaxista, persoal de cociña, auxiliar administrativo, auxiliar de farmacia, telefonista, ordenanza, limpeza ou persoal de cafetería, entre moitos outros.

Despuntan neste período o número de contratacións indefinidas e o de prórrogas dos contratos, que supoñen máis do 76% das contratacións totais no primeiro caso, mellorando as cifras do ano anterior, e chegan a 12 no segundo. Estes datos poñen claramente de manifesto a eficacia das persoas con discapacidade intelectual nos seus postos de traballo, demostrando que teñen capacidades máis que suficientes para superar o reto que lles propón a sociedade en canto ao traballo inclusivo.

Destacan tamén as 23 formacións prácticas realizadas polos usuarios e usuarias das entidades Down en Galicia, coas que reforzan a súa motivación cara o emprego e melloran as súas habilidades socio-laborais. Sumando contratos e formación práctica, o 85,1% das persoas usuarias do programa de emprego de Down Galicia contaron con unha oportunidade no eido laboral o pasado ano.

Non obstante, o principal escollo para o colectivo de persoas con discapacidade intelectual segue a ser a curta duración das súas xornadas de traballo, non chegando na gran maioría das ocasións á xornada completa.

 

A importancia da colaboración do tecido empresarial

Aínda que desde hai uns anos podemos observar como se acadan bos datos na inserción laboral das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, o acceso a un posto de traballo de forma normalizada segue a ser un dos grandes retos das entidades que traballan a prol da inclusión laboral na empresa ordinaria e nas administracións públicas.

Segundo un estudo da Asociación Europea da Síndrome de Down (EDSA), o 95% das persoas con síndrome de Down que viven en países da Unión Europea non traballa. En España, concretamente, “só o 22% das persoas coa síndrome de Down teñen un traballo e, delas, soamente o 10% desenvolve a súa actividade laboral no mercado ordinario”, indican desde a Federación Down España.

Por iso, o Movemento Down en Galicia quere aproveitar a conmemoración do Día das Persoas Traballadoras para demandar a cooperación do tecido empresarial galego e convidar a todas as empresas que o desexen a coñecer máis polo miúdo a metodoloxía “Emprego con apoio”.

O apoio do tecido empresarial é crucial para que o futuro da sociedade se basee na igualdade, equidade e inclusión de todas as persoas. Nun mundo cada vez máis diverso, o emprego inclusivo converteuse nunha necesidade para as empresas e as administracións que buscan non só fomentar a diversidade, senón tamén ofrecer oportunidades en igualdade de condicións a tódalas persoas, independentemente das súas características persoais.

O emprego inclusivo non só contribúe a mellorar a calidade de vida das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, senón que tamén ten un impacto positivo nas empresas que as contratan. A diversidade no lugar de traballo aumenta a creatividade, a innovación e a produtividade das empresas, o que se traduce nunha mellora nos resultados empresariais e na motivación dos empregados e empregadas.

Pero, sobre todo, a inclusión laboral é a mellor fórmula para que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais melloren a súa calidade de vida, adquirindo un incremento nas súas cotas de responsabilidade, de autoestima, de actividade, de sociabilidade e de autonomía persoal.

 

Máis de 20 anos coa metodoloxía Emprego con Apoio

Foi no ano 2002 cando as entidades Down en Galicia comezaron a desenvolver o programa Emprego con Apoio, deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais atopan á hora de intentar acceder ao mercado laboral ordinario.

Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un novo emprego contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que a persoa empregada poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de maneira positiva e natural.

Trátase, en definitiva, de prestar ás persoas con discapacidade intelectual os medios, os recursos e os apoios necesarios que faciliten a súa participación no mercado laboral da súa comunidade da mesma maneira que o resto de cidadáns e cidadás, favorecendo, deste xeito, a súa incorporación ou a súa estabilidade laboral e, de forma máis extensa, a súa inclusión social.

Avalada polos seus bos resultados, esta metodoloxía estase a consolidar como unha estupenda fórmula de inserción laboral para aqueles colectivos con máis dificultades á hora de atopar un traballo e supón unha alternativa idónea ás fórmulas de emprego protexido, baseadas nunha filosofía claramente asistencial e concibidas cun carácter instrumental e non como perpetradora do cambio nin como solución final ao problema.

 

Entradas relacionadas

O Supremo avala indemnizar con 25.000 euros á familia de Rubén Calleja por vulnerar o seu dereito á educación inclusiva
20 Xuño, 2025
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa: Política de cookies   Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}