Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O Supremo avala indemnizar con 25.000 euros á familia de Rubén Calleja por vulnerar o seu dereito á educación inclusiva

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O Supremo avala indemnizar con 25.000 euros á familia de Rubén Calleja por vulnerar o seu dereito á educación inclusiva

20 Xuño, 2025

O Supremo avala indemnizar con 25.000 euros á familia de Rubén Calleja por vulnerar o seu dereito á educación inclusiva

 

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo (TS) estimou o recurso presentado pola familia de Rubén Calleja, un mozo con síndrome de Down ao que o Comité sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU, nun ditame de 2020, deu a razón ao establecer que os tribunais españois vulneraran o seu dereito a unha educación inclusiva.

Por iso, o alto tribunal anula a sentenza da Audiencia Nacional que desestimara o recurso da familia, así como a denegación por silencio do Ministerio de Xustiza da reclamación de responsabilidade patrimonial por funcionamento anómalo da Administración de Xustiza, e recoñece aos recorrentes o dereito a seren indemnizados pola Administración do Estado na cantidade de 25.000 euros, correspondentes aos gastos xudiciais en que incorreron. Porén, o tribunal non considera procedente outorgar os 325.000 euros adicionais reclamados por prexuízos morais.

A sentenza recolle que Rubén estivo escolarizado durante varios anos nun centro público de ensino de León, con apoio dunha asistente técnico-educativa. Posteriormente, a Dirección Provincial de Educación autorizou a súa matrícula nun Centro de Educación Especial. Ao impugnaren esta decisión mediante o procedemento de protección xurisdicional dos dereitos fundamentais, un Xulgado do Contencioso-Administrativo de León desestimou o recurso, decisión que foi confirmada en apelación polo Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León con sede en Valladolid.

Por outra banda, como a familia decidiu levar a Rubén a un centro privado e non ao centro de educación especial, a Fiscalía Provincial de León presentou contra eles, o 12 de maio de 2014, unha denuncia por delito de abandono de familia, da que foron absoltos polo Xulgado do Penal.

Unha cuestión de dereitos

Os pais comunicaron ao Comité sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade que o Estado violara os dereitos do seu fillo. O Comité concluíu que “a decisión administrativa de matricular a Rubén no Centro Educativo Especial Nuestra Señora del Sagrado Corazón, sostida polos tribunais do Estado parte, vulnerou o seu dereito a unha educación inclusiva” e que o Estado nin respondeu ás denuncias de discriminación nin realizou unha avaliación axeitada das súas necesidades nin dos axustes razoables.

A familia solicitou unha indemnización ao Ministerio de Xustiza e, ante o silencio da Administración, presentou unha demanda que foi desestimada pola Audiencia Nacional en 2022, ao considerar que o ditame do Comité non tiña carácter executivo e que existía cousa xulgada. O Tribunal Supremo, en 2023, estimou o recurso de casación, recoñecendo o ditame como base para unha reclamación por funcionamento anómalo da Administración de Xustiza, e devolveu o caso á Audiencia.

Aínda que esta volveu desestimar a reclamación, o Supremo deulle a razón á familia nunha segunda sentenza, sinalando que estes ditames non son xuridicamente irrelevantes e poden fundamentar indemnizacións cando se vulneran dereitos fundamentais. Engadiu que o Comité non se refería só ás sentenzas anteriores, senón ao conxunto de actuacións do Estado, incluíndo a Fiscalía e o proceso penal contra os pais, así como á ausencia de lexislación que garantise a educación inclusiva, segundo o apartado 8.7 do ditame.

O Supremo conclúe que a familia “non debía ser sometida a todo o que lle supuxo a defensa do dereito do fillo a recibir unha educación inclusiva”, apoiando a postura do Ministerio Fiscal, que recoñece o dereito a seren indemnizados. A sentenza destaca que os prexuízos sufridos pola familia derivaron de actuacións dos poderes públicos que non estaban obrigados a soportar polo feito de exercer ese dereito, expresamente recoñecido na Convención e vinculado ao artigo 27 da Constitución, reforzado polo novo artigo 49.

(SERVIMEDIA)

Entradas relacionadas

O Movemento Down de Galicia demanda a cooperación do tecido empresarial galego no Día Internacional das Persoas Traballadoras
30 Abril, 2025
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa: Política de cookies   Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}