Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Aberto o prazo de inscrición para o XXIV Encontro Nacional de Familias de Down España

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Aberto o prazo de inscrición para o XXIV Encontro Nacional de Familias de Down España

1 Xullo, 2024

Aberto o prazo de inscrición para o XXIV Encontro Nacional de Familias de Down España

 

Xa está aquí unha nova edición do esperado Encontro Nacional de Familias de Down España, que neste 2024 organiza en coordinación coa asociación Down Badajoz.

Esta nova edición terá lugar do 5 ao 8 de decembro na cidade estremeña de Badaxoz e, como cada ano, será un espazo para compartir experiencias, aprendizaxes cos mellores expertos e expertas en síndrome de Down e para desfrutar en familia dun fantástico programa de actividades de ocio.

O prazo de inscricións estará aberto desde hoxe ás 10:00h ata o vindeiro 15 de xullo, ou ata completar aforo.

Os obxectivos deste encontro nacional son:

  • Apoiar e formar ás familias para facer posible o fomento da autonomía e a vida independente dos seus fillos e fillas coa síndrome de Down
  • Potenciar o debate e o intercambio de experiencias entre familias
  • Desfrutar xunto a outras familias para aumentar a cohesión do noso colectivo
  • Dar protagonismo ás persoas coa síndrome de Down e ás súas familias

 

Este ano, a cidade de Badaxoz prepárase para acoller a máis de 500 persoas procedentes de toda España. Alí, tanto as familias como as persoas coa síndrome de Down, desfrutarán do Encontro desde o xoves 5 de decembro co acto de inauguración no Palacio de Congresos.

O prezo do Encontro por cada membro de familia pertencente a unha entidade federada é de 200 euros e de 350 euros para os membros de familias non federadas a Down España.

Para asistir a este Encontro Nacional de Familias, que se celebra grazas á colaboración da Fundación ONCE e de INECO, é preciso inscribirse na seguinte ligazón, onde tamén se pode consultar o programa completo: www.eventos.sindromedown.net

 

Vídeo con instrucións para realizar a inscrición:

Entradas relacionadas

Down España lanza unha campaña pola defensa da inclusión das persoas coa síndrome de Down
28 Abril, 2025
Down España e as súas entidades lanzan a campaña #TanComoTú con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
10 Marzo, 2025
‘Bienestar mental en los adultos con síndrome de Down’: unha guía esencial e actualizada sobre saúde emocional
10 Febreiro, 2025
Familias de entidades Down de toda España reafirman o seu compromiso coa inclusión das persoas coa síndrome de Down
19 Decembro, 2024
Down España reúne en Badaxoz a máis de 620 persoas no Encontro Nacional de Familias de Persoas coa síndrome de Down
2 Decembro, 2024
O Encontro autonómico de familias e profesionais do Movemento Down en Galicia reúne a máis de 250 persoas na cidade de Vigo
12 Novembro, 2024
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa: Política de cookies   Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}