Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down España pide que o curso 2024-2025 sexa o último no que se poida excluír ao alumnado coa síndrome de Down do sistema educativo ordinario

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down España pide que o curso 2024-2025 sexa o último no que se poida excluír ao alumnado coa síndrome de Down do sistema educativo ordinario

9 Setembro, 2024

Down España pide que o curso 2024-2025 sexa o último no que se poida excluír ao alumnado coa síndrome de Down do sistema educativo ordinario

 

Comeza un novo curso académico no que preto de nove millóns de alumnos e alumnas volven ás aulas en toda España. Esta volta ao cole trae consigo un ambicioso reto suxeito ás modificacións da Lei Orgánica da Educación (LOMLOE): que todos os nenos e nenas coa síndrome de Down poidan exercer o seu dereito a unha educación de calidade e estuden en colexios ordinarios xunto aos seus compañeiros e compañeiras sen discapacidade.

A tamén coñecida como ‘Lei Celaá’ comprométese a promover un sistema educativo inclusivo e indica no seu artigo 74 que “o Goberno, en colaboración coas Administracións educativas, desenvolverá un plan para que, no prazo de dez anos, […], os centros ordinarios conten cos recursos necesarios para poder atender nas mellores condicións ao alumnado con discapacidade”.

Con todo, catro anos despois da aprobación da LOMLOE, no noso país estamos lonxe de lograr este obxectivo e, cada ano, centos de alumnos e alumnas con discapacidade intelectual son derivados a centros de educación especial ou vense obrigados a cambiar á devandita modalidade educativa debido á falta dos apoios necesarios, recursos ou compromiso dos centros ordinarios. En concreto, 41.000 alumnos e alumnas con discapacidade están escolarizados nalgunha modalidade de ensino segregadora.

En palabras do presidente de Down España, Mateo San Segundo, “a situación actual, respecto a la educación, é frustrante porque está involucionando. A día de hoxe, ningún neno ou nena coa síndrome de Down debería quedar fose do sistema educativo ordinario porque se a educación non é inclusiva, non é unha educación de calidade”.

Segundo o último informe do Comité da ONU sobre os dereitos das persoas con discapacidade, España vulnera gravemente o dereito á educación inclusiva porque non elimina as barreiras de acceso á escola ordinaria que atopa o alumnado con discapacidade e non garante a súa continuidade no ensino secundario.

Por iso, Down España lanza a campaña ‘Quero ir ao cole contigo’, co obxectivo de sensibilizar sobre a importancia de impulsar a transformación do sistema educativo; para que a educación inclusiva sexa real, conte cos apoios e axustes necesarios para dar resposta á diversidade do alumnado e respecte o dereito á educación dos nenos e nenas coa síndrome de Down.

San Segundo insiste na necesidade da elaboración urxente do ‘Plan de Inclusión Educativa’ que cumpra os requirimentos da ONU e estea acompañado polo compromiso dos axentes implicados: Goberno, Administracións, profesionais da educación, terceiro sector e familias do alumnado coa síndrome de Down.

Entradas relacionadas

Down España lanza unha campaña pola defensa da inclusión das persoas coa síndrome de Down
28 Abril, 2025
Down España e as súas entidades lanzan a campaña #TanComoTú con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
10 Marzo, 2025
‘Bienestar mental en los adultos con síndrome de Down’: unha guía esencial e actualizada sobre saúde emocional
10 Febreiro, 2025
Familias de entidades Down de toda España reafirman o seu compromiso coa inclusión das persoas coa síndrome de Down
19 Decembro, 2024
Down España reúne en Badaxoz a máis de 620 persoas no Encontro Nacional de Familias de Persoas coa síndrome de Down
2 Decembro, 2024
Down España lanza ‘Soy más’ para coñecer mellor a realidade das persoas coa síndrome de Down e responder ás súas necesidades
4 Novembro, 2024
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa: Política de cookies   Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}